O Fitofaladoiro é un proxecto colaborativo (SANT/ILG) de recompilación de nomes e coñecementos populares das plantas silvestres de Galicia. Para colaborar nesta iniciativa hai diversos xeitos de achegar información:
-
Engadir datos ás imaxes de herbario dispoñibles desde 2013 na web do proxecto, ou enviando as vosas propias imaxes comentadas a través das redes sociais alí enlazadas.
-
Construír o voso propio herbario con mostras de plantas -anotando os seus datos en etiquetas adxuntas e ben documentadas- e tabular e compartir toda a información recollida (opción recomendada desde 2015 como actividade grupal para ONGs ou centros educativos).
-
Desde 2022 tamén se
...more ↓

Desde 2022 tamén se pode colaborar a través de iNaturalist. Nese caso, existen dúas posibilidades:
- Enlazar observacións de plantas en iNaturalist con enquisas sobre os seus nomes e usos gardadas noutro lugar (blog, páxina web, etc).
- Ou gardar esas enquisas directamente en iNaturalist, como comentarios ás observacións de plantas.
Esta última opción require gardar as enquisas cun formato concreto [LUGAR:---/NOMES:---/USOS:---/INFORMANTE:---/DATA:---]
, citando o proxecto @fitofaladoiro para facilitar a posterior recompilación dos datos.
Exemplo ficticio:
Castanea sativa L.
@fitofaladoiro
[LUGAR: A Coruña. Santiago de Compostela. Sar.
/ NOMES: castiñeiro (planta); castaña (froito)
/ USOS: alimentación
/ INFORMANTE: veciña anónima; ama de casa; 70 anos
/ DATA: 2014-03-27]
[LUGAR: Lugo. Chantada. / NOMES: concheiro (planta); concho (froito)
/ USOS: alimentación / INFORMANTE: Luis Souto; agricultor; 68 anos
/ DATA: 2014-04-16]
less ↑